Obradoiros de cestería polos Días Europeos da Artesanía. Do 28 de marzo ao 3 de abril no centro de cestería, a carón do Paseo do Río Rato

O Centrad súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía con actividades de cestería vinculadas ao mundo das aves: niños, comedeiros, piteiras e cestas para os ovos serán as pezas que as persoas participantes poderán facer a través das ensinanzas das cesteiras Carmen Fieiras, Idoia Cuesta, Beatriz Valín, María Otero e María Jesús Labrador.

En total, darase cabida a 72 persoas, coa idea inicial de desenvolver os obradoiros no exterior, se o tempo o permite, co obxectivo de compartir cos visitantes o espírito de celebración destes días.

O prazo de inscrición extenderase do 17 ao  25 de marzo, e as persoas interesadas en participar deberán dirixir a solicitude ao enderezo electrónico lugardereque@deputacionlugo.org. A selección de participantes farase por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Interior centro de cestería a carón do paseo do río Rato. Fonte da foto: https://cultura.deputacionlugo.gal/centrad/obradoiros/cestaria
OBRADOIROS

Luns 28 de marzo
Capuchón protector de sementes.
Monitora: Carmen Fieiras
1ª quenda de 10h a 14h.
2ª quenda de 16h a 20h.

Martes 29 de marzo
Niño de vimbio
Monitora: Carmen Fieiras
1ª quenda de 10h a 14h.
2ª quenda de 16h a 20h.

Mércores 30 de marzo
Comedeiro cónico
Monitora: Idoia Cuesta
1ª quenda de 10h a 14h.
2ª quenda de 16h a 20h.

Xoves 31 de marzo
Niño de esparto
Monitora: Beatriz Valín
1ª quenda de 10h a 14h.
2ª quenda de 16h a 20h.

Venres 1 de abril
Comedeiro esférico
Monitora: María Otero
1ª quenda de 10h a 14h.
2ª quenda de 16h a 20h.

Sábado 2 de abril
Piteira tradicional
Monitora: María Jesús Labrador
1ª quenda de 10h a 14h.
2ª quenda de 16h a 20h.

Domingo 3 de abril
Cesta de ovos de láminas de madeira
Monitora: María Jesús Labrador
1ª quenda de 10h a 14h.
2ª quenda de 16h a 20h.

Os obradoiros da semana están enfocados a persoas amantes da natureza que queiran coñecer técnicas de cestería aplicadas a un proxecto sinxelo que non precisa coñecementos previos. Os obradoiros do sábado e domingo están orientados a cesteiras ou cesteiros profesionais ou afeccionados.

Na presentación dos obradoiros, o deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, subliñou que “esta iniciativa integra un conxunto de propostas que dan visibilidade ás artesás e artesáns lucenses, poñendo á súa vez en valor a artesanía como sector produtivo, sustentable e ligado á tradición” e remarcou tamén “que a iniciativa complementa as actividades relacionadas coa permacultura e a sostibilidade que vimos organizando en Reque desde o inicio do ano, con diferentes obradoiros relacionados co aproveitamento dos recursos naturais, o consumo responsable e o respecto ao entorno”.