O Concello pon o foco nas actividades interxeracionais do novo programa de animación sociocultural con 2.000 prazas dispoñibles.
As e os lucenses de todas as idades poderán inscribirse en máis de 30 cursos, que se desenvolverán entre outubro e maio en nove centros de convivencia da cidade.
Poranse en marcha actividades de estimulación cognitiva, físicas, de artesanía, novas tecnoloxías, culturais, de benestar e saúde e tamén novas propostas artísticas.
Estas propostas, gratuítas ou cun custo simbólico, están dirixidas a maiores de 60 anos, adultos, á mocidade, nenas e nenos e tamén ao colectivo de migrantes.
As actividades desenvolveranse nos centros de convivencia de Fingoi, Lamas de Prado, Leiras Pulpeiro, María Balteira, Paco Martín, Maruja Mallo, Milagrosa, Sagrado Corazón e Uxío Novoneyra.
As inscricións poderanse facer desde o 15 ao 19 de setembro. Toda a información de actividades e centros; e dos prazos de solicitude e matrícula xa está dispoñible na web do Concello de Lugo ou ben en cada un dos nove centros de convivencia nos que se desenvolverá esta programación.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte