Outubro 2018 O Domingo das Mozas e un dos días «imperdibles» do San Froilán. Aínda que faremos unha galería específica dentro deste proxecto «Viva o San Froilán» adiantamos algunhas fotos deste día, un dos máis fermosos do ano en Lugo. Fotos de: Fotos de: Belén Cordero, Marcos Loopez, Iván Mouronte, Adra Paixón e María Viso
Actividades do San Froilán 2018 que recollen estas fotos, entre outras: o San Froilán Tecedeiro, actividade aberta de cestería a cargo da Asociación Corazóns Artesáns no parque Rosalía de Castro, mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, coa Asociación de Gaiteiros Galegos, polo recinto histórico. Participan: Abertal (A Rúa), A Volta do Agro (Lugo), Arume (Boiro), Banda de Gaitas Son da Chaira (Terra Chá), Caivanca, Cántigas e Frores e Folquiada (Lugo), Lagharteiras (Mos), Os campantes da Baña (A Baña), Os de algures (Pontevedra), Reviravolta e Xaora (Lugo); recepción na Casa do Concello á Asociación do Traxe Galego de Santiago + Traxandaina de Lugo. Paseo e exhibición ata o parque Rosalía de Castro e ofrenda floral a Rosalía de Castro por parte de Paloma Lugilde.