Decembro 2018 O Goberno da Deputación ten previsto realizar 23 obradoiros na Rede Museística. Estas actividades contan cun total de 320 prazas, aínda que tamén hai actividades sen límite de asistencia. Os obradoiros, totalmente gratuítos, son diferentes en cada unha das sedes, atendendo as particularidades das súas coleccións e as demandas dos participantes. Tamén continúa o programa Musavisitas pola Rede, que ofrece visitas guiadas gratuítas. As inscrición está aberta ata esgotar as prazas, e debe formalizarse no Museo onde se vaia realizar o obradoiro.
Museo Fortaleza San Paio de Narla:
– 20 de decembro ás 12:00 h: Pensando en arte e canalizando emocións. Obradoiro dirixido a todas as idades.
– 26 de decembro ás 12:00 h: Econadal. Obradoiro dirixido a rapaces de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s)
– 2 de xaneiro ás 12:00 h: Contos ao revés. Obradoiro dirixido a rapaces de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s)
– 4 de xaneiro ás 12:00 h: A túa mirada conta. Obradoiro dirixido a rapaces de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s)
– 5 de xaneiro ás 12:00 h: Mapa mental da etnografía e da servidume. Obradoiro dirixido a todas as idades
Museo Provincial de Lugo:
– Desde o 23 de decembro ao 6 de xaneiro de 2019 ás 11:30 h, 12:30 h, 17:30 h e 19:00 h : As festas do Nadal no Museo Provincial. Visitas dirixidas a todas as idades.
– 27 de decembro ás 11:00 h: En Nadal, a familia en Rede. Obradoiro dirixido a rapaces entre 8 e 12 anos acompañados dun familiar.
– 28 de decembro ás 11:30 h: Xogo de personaxes. Visita dirixida a rapaces de 8 a 11 anos.
– 2 de xaneiro ás 11:00 h: Nadal diverxo, rede de cores. Obradoiro dirixido a todas as idades.
– 3 de xaneiro as 11:00 h: En busca do tesouro. Visita dirixida a rapaces de 7 a 10 anos.
– 3 de xaneiro ás 11:00 h: Coñecendo as nosas raíces. Taller de heráldica. Obradoiro dirixido a rapaces de 8 a 12 anos.
– 7 de xaneiro ás 11:00 h: Antes e despois: o noso cómic. Obradoiro dirixido a rapaces de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s).
– 8 de xaneiro ás 17:00 h: Muller do A ao Z. Obradoiro dirixido a mozos e mozas maiores de 16 anos (Club Ei!) .
– 9 de xaneiro ás 17:00 h: Todxs pintamos, Todxs sumamos. Obradoiro dirixido a maiores de 55 anos (Club Senior).
Museo Provincial do Mar:
– 27 de decembro ás 11:30 h: As árbores do solsticio. Obradoiro dirixido a todas as idades.
– 28 de decembro ás 11.30 h: Econadal. Obradoiro dirixido a rapaces de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s).
– 3 de xaneiro ás 11.30 h: Contos ao revés. Obradoiro dirixido a rapaces de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s).
– 3 de xaneiro ás 18:00 h: O noso é puro teatro. Obradoiro dirixido a maiores de 55 anos (Club Senior).
– 4 de xaneiro ás 11:30 h: Camiños de estrelas. Obradoiro dirixido a todas as idades.
Museo Pazo de Tor:
– 27 de decembro ás 12:00 h: A túa mirada conta. Obradoiro dirixido a rapaces de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s).
– 27 de decembro ás 17:00 h: Alén da palabra. Obradoiro dirixido a maiores de 55 anos (Club Senior).
– 28 de decembro ás 11:30 h: As árbores do solsticio. Obradoiro dirixido a todas as idades.
– 3 de xaneiro ás 11:30 h: Camiños de estrelas. Obradoiro dirixido a todas as idades.