Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concertos de Lumedoloop e Saibran

21 de marzo - 22:30

Lumedoloop, o trío compostelán conformado por tres figuras imprescindibles da escena urbana galega -Jamas, Møu e DJ Mil- presentará o seu álbum debut, (Re)existencia no Club Clavicémbalo o 21/03 – 22:30 horas

Sobre o escenario, despregan o triángulo conceptual do disco: a Rexistencia —o lume da loita—, a Reexistencia —o loop da transformación— e a Existencia —o froito de resistir e transformarse, a presenza plena—.

O flow magnético e a poética afiada de Jamas, a narrativa sonora de Møu e a técnica milimétrica de DJ Mil constrúen un concerto intenso, dinámico e sen concesións. Unha viaxe que atravesa a poesía máis esixente, a denuncia social sen edulcorantes, a retranca como arma e a introspección máis fonda.

Unha proposta escénica firme, honesta e sen artificios. Rap en estado puro.

https://www.instagram.com/lumedoloop/

Saibran é o proxecto persoal de Cibrán García, a metade de Boyanka Kostova. O rapeiro de Santiago vén de lanzar o seu primeiro disco ‘Atardecer Harmonioso con Gotas de Primavera’ que está a presentar en directo acompañado de Julián Goicoa ao baixo e Fiz García á batería.

https://www.instagram.com/saibranyiyi/

ENTRADAS: https://entradium.com/events/saibran-lumedoloop

Detalles

  • Fecha: 21 de marzo
  • Hora:
    22:30
  • Categoría del Evento:

Local