Teatro – Riazor ostia

Teatro – Riazor ostia
Os náufragos teatro
Xoves, 5 de marzo de 2026 20:30 hs.
Idade recomendada: Adultos
Sinopse:
RIAZOR OSTIA é un poema escénico sobre o odio, a intolerancia e a resistencia. Cincuenta anos despois do asasinato de Pier Paolo Pasolini, a súa voz e o seu corpo seguen a interpelarnos, amosándonos feridas aínda abertas. Da súa man, a peza afonda no auxe do fascismo, da violencia e da memoria, atravesadas polas loitas e tensións que xorden arredor de temáticas sociais como a visibilidade LGTBIQ+, a xustiza, a educación, a relixión ou a política.
Un asasinato baixo o berro de maricón conecta o mar de Ostia co de Riazor, transformando o silencio en reflexión, a cólera en esperanza e a memoria en futuro.
ENTRADAS:
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.























