IX Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense

IX Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense
As IX Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense centraranse no Claustro do Museo Provincial de Lugo, catalagado como Ben de Interese Cultural.
A deputada de Cultura Iria Castro, o vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, a directora do Museo Provincial Aurelia Balseiro, a responsable de Arqueoloxía do Museo Ofelia Carnero e a xerente da Rede Museística Encarna Lago presentaron o programa das xornadas, que se celebrarán do 10 ao 11 de abril no Museo Provincial de Lugo.
As xornadas concíbense como un espazo de reflexión, debate e intercambio para analizar a historia do claustro e das coleccións arqueolóxicas que alberga, un total de 205 pezas – fundamentalmente capiteis, pezas de heráldica, escultura devocional – datadas entre os siglos I e XIX.
“A memoria da pedra” é o epigrafe que da título ás xornadas, que teñen como fío condutor a pedra, material que garda a memoria dos canteiros e artistas artífices tanto da construción do claustro como dos bens culturais que se expoñen alí.
O programa, que pode ser presencial ou en liña, está dirixido á comunidade científica pero tamén a todos os interesados no tema, estudantes, afeccionados, traballadores de museos, coleccionistas, docentes ou guías turísticos.
A participación nas xornadas require inscrición a través do formulario dispoñible na web da Rede Museística Provincial e no seguinte enlace:
https://docs.google.com/forms/
O prazo de inscrición está aberto ata o 9 de abril.


























