Audición-concerto da Tradescola «Sons de marzo»

Mércores, 25 de marzo
20:30h
MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo), no Parque da Milagrosa (Frigsa)
ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO!!
«O mércores 25 de marzo, a Tradescola daralle a benvida á primavera cunha nova actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional.
A partir das 20:30 horas, alumn@s e mestres da Tradescola ofrecerán unha audición-concerto no MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo), no Parque da Milagrosa (Frigsa).
Neste concerto «Sons de Marzo» poderase gozar de numeroso repertorio tradicional, interpretado pol@s alumn@s e mestres da Tradescola.
Unha audición onde teremos a oportunidade de escoitar canto tradicional, gaitas, requintas, clarinetes, percusións, acordeóns, zanfonas e por suposto aderezado co noso mellor baile tradicional.
Esta é unha nova actividade que se suma ás levadas a cabo durante o curso, no que a maiores das aulas impartidas de zanfona, gaita, acordeón, clarinete, baile tradicional, pandeiro, pandeira, canto e pandeireta, percusión, requinta, e linguaxe musical ás que asisten mais de 300 alumn@s, sempre se realizan concertos didácticos de música Tradicional para escolares de distintas comarcas da provincia, audicións, e outras actividades como charlas, obradoiros, presentacións….
Esperámosvos a todas e a todos!!!»






















