Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Inauguración da expo «As cidades de Colmeiro».

26 de marzo - 19:30

Museo Provincial de Lugo inaugurará o vindeiro xoves 26 de marzo ás 19:30 horas a exposición «As cidades de Colmeiro».

Esta mostra, que conta coa colaboración da Asociación de Amigos de Colmeiro e da Pinacoteca Fernández del Riego , ofrece unha ollada renovadora sobre a traxectoria de Manuel Colmeiro (1901-1999) ao analizar como o medio urbano e as cidades onde residiu marcaron a súa produción artística.

A exposición percorre escenarios fundamentais na vida do pintor como Buenos Aires, Vigo e París, xunto a outras cidades que foron protagonistas das súas procuras como Lugo, Ourense, Bilbao ou Ámsterdam.

A través de obras que van dende 1919 ata os anos sesenta, o público poderá apreciar como Colmeiro reformulou a temática popular galega baixo a influencia da figuración europea de entreguerras e unha fonda sensibilidade social.

Entre as pezas que conforman a colección destacan obras como o carbón Atardecer (1920), a Vista de Lugo con Muralla (1934) ou o debuxo a lapis Porto de Vigo (1936).

A mostra poderá visitarse na Praza da Soidade ata o 31 de maio de 2026.

Detalles

  • Fecha: 26 de marzo
  • Hora:
    19:30
  • Categoría del Evento:

Local