(Ás 20:15) Proxección ’10 anos de curtas’
10 de abril - 20:00
O venres 10 de abril proxectaranse as 10 curtas premiadas polo xurado do certame Findecurta nestes 10 anos. Esta actividade está incluída dentro da programación da Primavera Cultural e será ás 20.15 horas na Casa do Saber do campus de Lugo.
Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.
























