Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Concerto de Sofía Espiñeira

14 de abril - 20:30

Sofía Espiñeira actuará no ciclo ‘Lubicán íntimo’, incluído dentro da programación da Primavera Cultural, o martes 14 de abril ás 20.30 horas na Casa do Saber do campus de Lugo. A entrada é libre e aberta, ata completar a capacidade da sala.

SOFIA ESPIÑEIRA

@espineirasofia

Artesá de cancións, creadora e artista multidisciplinar, as súas composicións combinan o latexo das músicas do mundo coa canción de autora máis espida.

Presenta agora o seu novo disco, “Xeografías” , un relato que fala de travesías utópicas, de raíces, de fronteiras e éxodos; temas universais que nos atravesan dende o máis íntimo ata o comunitario e o político.

Ao vivo, Ailén Kendelman na percusión @ailenkendelman e Yudit Almeida @yudit_._ no contrabaixo completan este trío acústico que explora as sonoridades e as rítmicas da raíz galega e a latinoamericana.

Natural de Mugardos e afincada en Compostela, hai case unha década que Sofía Espiñeira compaxina o seu traballo musical co do circo, a danza e o teatro

Xeografías (2025), un canto ás paisaxes que nos percorren, aos territorios que habitan dentro e fóra da pel. A procura dun lugar mellor onde situarse leva á autora a unir estas cancións que invitan a redescubrir o mapa, a moverse de sitio e a entrar no corpo como territorio e na natureza como casa.

Neste novo traballo, Sofía Espiñeira segue apostando polos sons de raíz, creando atmósferas sinxelas que achegan a canción de autora máis íntima e crúa a ritmos que ulen a terra e beben das músicas do mundo, dende o camiñar dunha chacarera ata o latexo da nosa música tradicional, poñendo en valor a oralidade, as nosas raíces e a memoria de que un día fomos nómades. @luneda

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Detalles

  • Fecha: 14 de abril
  • Hora:
    20:30
  • Categoría del Evento:

Local

  • Casa do Saber
  • Praza Pío XII, 3
    Lugo, Lugo 27001
    + Google Map