Música e Poesía en Movemento: sentindo a lingua

O luns 13 de abril, ás 19.00 horas, o Auditorio Gustavo Freire acollerá o acto de clausura do proxecto de innovación educativa en dinamización da lingua galega “Música e Poesía en Movemento: sentindo a lingua”, unha iniciativa que une ensino, creación artística e compromiso coa lingua.
A base metodolóxica do proxecto susténtase nun enfoque colaborativo e activo, que se
desenvolve tanto no interior dos centros como na cooperación entre eles e con outras entidades culturais e educativas.
Este modelo promove a inclusión, a atención individualizada, o traballo por proxectos e o uso das novas tecnoloxías, ao tempo que impulsa a lingua galega máis aló do ámbito académico.
O programa do acto ofrecerá un percorrido artístico pola poesía galega e universal, con pezas recitadas, musicadas e danzadas a partir de textos de Xohana Torres e Federico García Lorca — en diálogo coa figura de Rosalía de Castro—, así como creacións baseadas en obras de Luísa Villalta, Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro, Paula Carballeira e Lois Pérez. A proposta complétase con ilustracións elaboradas polo alumnado, que reforzan o carácter visual e contemporáneo do proxecto.
Este acto de clausura constitúe unha mostra do potencial da colaboración entre disciplinas
artísticas e do papel da educación na transmisión e actualización da lingua galega, convertendo a poesía e a música nun espazo compartido de creación, identidade e emoción.
Entradas de balde en entradaslugo.es
























