(Ás 11:45) Conferencia de Pepe Coira

Conferencia de Pepe Coira
Sábado 11 de abril de 2026
11:45 horas
Círculo das Artes de Lugo
Pepe Coira, guionista, escritor e produtor galego nacido en Rábade (Lugo). Creador de series como Hierro e Rapa, é un dos nomes fundamentais do audiovisual galego e español dos últimos anos.
Conversará en formato de charla con Juan Carlos Rodríguez Rodríguez para explorar algo que nos une a todos: como contar historias.
Desde o guion cinematográfico ata a palabra en público, Pepe Coira compartirá as claves da narrativa, a emoción e a estrutura que fan que unha historia enganche, tanto nunha pantalla como nun escenario.
A entrada será aberta ata completar aforo
























