Cargando Eventos

« Todos los Eventos

(Ás 20:15 h) Concerto da coral Lucus Terra do IV ciclo da USC

5 de mayo - 20:00

O 5 de maio ás 20.15 horas na Casa do Saber do campus de Lugo, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Sobre a Coral Lucus Terra

A Asociación ‘Estudantado Cuarto Ciclo Campus de Lugo-USC’, dentro das actividades culturais que desenvolve, en xaneiro de 2023 acordou crear unha Coral de música Tradicional Galega. Coa Coral Lucus Terra, pretende dar a coñecer o Cuarto Ciclo Universitario (para persoas de máis de 50 anos) e pasalo ben, transmitindo e dignificando a cultura tradicional galega, empregando a nosa fala e a nosa música para encher de ilusión todos os seus concertos: «A coral, sendo das máis novas de Lugo, escolleu á música tradicional, a música que cultivaron as Corais Históricas da nosa Terra para facela nosa, nos tempos de hoxe.»

Seguindo os consellos de Castelao, no seu ano 2025: «persistimos na escoita da enerxía colectiva da música tradicional do noso pobo.»

Atendendo ás Letras Galegas 2025: «escoitamos e homenaxeamos ás nosas cantareiras que foron quen de gardar e transmitir a música, a lingua e a Cultura nosa.»

E ante a Declaración da Música Tradicional como Ben de Interese Cultural (en decembro de 2025): «a Coral Lucus Terra seguirá a investigar e estudar a nosa música, seguirá a transmitir, revitalizar e manter viva a música tradicional …. Porque a temos…. na memoria.»

Director da coral Lucus Terra

O director da coral Lucus Terra é Bruno Villamor Gay, titulado no grao superior, na especialidade de instrumentos da música tradicional e popular Galega, polo Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Dentro do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, incluído dentro da programación da Primavera Cultural.

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Detalles

  • Fecha: 5 de mayo
  • Hora:
    20:00
  • Categoría del Evento:

Local

  • Casa do Saber
  • Praza Pío XII, 3
    Lugo, Lugo 27001
    + Google Map