Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Concerto de Traspielas

18 de mayo - 18:00

18 de maio ás 18:00 horas na Caixa Negra do MIHL, con acceso libre ata completar a cabida do recinto.

O novo proxecto da compositora e guitarrista Su Garrido Pombo Música xunto con Macarena Montesinos (cello), Iago Ramilo (saxo), Marco Maril (electrónica) e Fran Rodríguez Casal (visuais), en que profundizan e celebran a memoria colectiva dunha aldea a través dunha obra musical, poética e visual.
Partindo de pezas tradicionais recollidas na aldea de Traspielas (Fornelos de Montes) e proxeccións con imaxes actuais e de videoarquivo, artistas de estilos diversos como a electrónica, a experimentación e a música tradicional, conflúen para crear unha obra actual que pon en valor a cultura popular e busca fortalecer o vínculo entre a comunidade e o seu territorio.
As cancións son revisitadas con novos arranxos e acompañadas de audiovisuais, textos e escenografías creadas a partir da escoita da memoria local, establecendo un diálogo entre pasado, presente e futuro. O proxecto céntrase en reinterpretar 11 pezas tradicionais recollidas na aldea —xotas, muiñeiras, cantos de berce, romances— dende unha perspectiva multidisciplinar e contemporánea.
Esta programación especial polo Día dos Museos, conta co apoio de Cultura e Turismo de Lugo.

Detalles

  • Fecha: 18 de mayo
  • Hora:
    18:00
  • Categoría del Evento:

Local

  • MIHL
  • Av Infanta Elena, s/n
    Lugo,
  • Teléfono 982 29 74 46