Presentación do libro «Lugopoética 2025»

Presentación do libro «Lugopoética 2025»
Martes 12/05, no salón de sesións do Concello de Lugo, ás 13:00 horas
Recolle as sesións poéticas de trece poetas das terras lucenses: Mar Ferreiro, Lucía López Cancio, Gustavo Enrique Díaz Rey, Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco, Ana Vila, Paco Ledo, Manuel Regal, Xosé Miguélez, Xoán Neira, Toño Núñez, Miguel Ángel Martínez Quintanar e Abraham Pérez.
Tres destes poetas son alumnos da UNED; dous, forman parella; dous, son labregos; dous,
cregos; dous, mestres e dous filósofos.
Na presentación da publicación intervirán o presidente de Egeria, Xulio Xiz; o coordinador das conversas, o profesor e poeta Xosé Carlos Ulloa; a directora da UNED Lugo, Ana Traseira; o Secretario Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García, e a Alcaldesa de Lugo, Elena Candia. Lerán cadanseu poema os dous poetas labregos, Ana Vila Portomeñe e Paco Ledo, e o alumno da UNED, Gustavo Enrique Díaz Rey.
Todos os asistentes recibirán cadanseu exemplar da publicación.
Lugopoética: Promovida polo Colectivo Egeria, co apoio da UNED e a Xunta de Galicia.

























