(tamén ás 20:00) Festival Sacra Expandido – Danza contemporánea

Festival Sacra Expandido – Danza contemporánea
O programa Sacra Expandido 2026 nace como unha proposta cultural singular froito da colaboración entre Sacra Experience e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, articulada a través da Rede Museística Provincial de Lugo. Esta iniciativa busca habitar os espazos museísticos durante o mes de maio, conectando a arte contemporánea, a reflexión sobre o territorio e a participación comunitaria mediante unha linguaxe artística inclusiva que pon en valor o diálogo entre o patrimonio e a creación actual.
O museo provincial de Lugo acolle, o venres 15 de maio de 2026, dúas pezas de danza contemporánea que exploran a condición humana:
-
19:00 – 20:00 h | “El Vacío”: Unha produción do Instituto Colombiano de Ballet (Incolballet), con coreografía do mestre cubano Julio César Iglesias Ungo. A obra propón unha reflexión sobre a fragmentación individual e a decadencia espiritual na sociedade moderna. Aforo limitado, insccripción previa enviando un correo a concertacionsrmp@gmail.com
-
20:00 – 20:20 h | “Antes de desaparecer”: Unha creación conxunta de Julio César Iglesias Ungo e Carlota Pérez que indaga nos límites do corpo e a identidade antes de acadar un punto de transformación. Aforo limitado, inscripción previa enviando un correo a concertacionsrmp@gmail.com

























