Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Teatro «Do reino (e) dos amores proscritos»

14 de mayo - 20:30
Teatro «Do reino (e) dos amores proscritos»

Alóproducións

Xoves, 14 de maio de 2026 20:30 hs.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire

Idade recomendada: A partir dos 12 anos

Sinopse:

Xoguete teatral “vintage” contemporáneo, que propón unha viaxe ao Reino de Galiza, na Idade Media, desde os primeiros asentamentos humanos, a lenda celta, dos castros aos castelos, coa Gallaecia romana polo medio. Unha viaxe lúdica e festiva, desde a perspectiva de artistas (trobadores, xograres, soldadeiras), mulleres (raíñas) e vidas e historias LGBT.

Un espectáculo contemporáneo para evocar aquela época, na que se encontran os fundamentos de boa parte da nosa cultura. Un reino e uns amores proscritos da historia oficial, durante moito tempo. Unha viaxe fascinante a través do xogo teatral e da música medieval, interpretada en directo con instrumentos de época e co tesouro das nosas cantigas.

Espectáculo premiado no III Certame Fondos Culturais Reino de Galicia, Deputación da Coruña.

Detalles

Recinto

  • ​Auditorio Municipal Gustavo Freire
  • Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
    Lugo, Lugo 27003 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 24 44 05