Actividades polo Día Internacional dos Museos
18 de mayo - 16:00

Actividades polo Día Internacional dos Museos promovidas polo Concello de Lugo:
18 de maio de 2026
16.00 horas na Sala Porta Miñá: Obradoiro de amuletos: “Circe, Morgana e o herbario galaico-romano”
Sabías que os romanos e romanas eran moi supersticiosos e crían nas enerxías? Por iso sempre levaban algún amuleto que os protexese.

17.00 horas | Visita teatralizada “Vive Lugo como en Roma” Saída desde a Casa dos Mosaicos
17.00 horas | “Cruces mitolóxicas: cruces de pedra e mitos” Centro Arqueolóxico San Roque
Neste obradoiro para todos os públicos falaremos de seres mitolóxicos da tradición oral galega, da cultura clásica e dos monumentos naturais e históricos de Lugo e o resto de Galicia. Descubre a maxia e o misterio das lendas sobre mámoas, petroglifos, castros, ríos, fontes, fervenzas da nosa terra, gardadas por mouras e ninfas.
Aforo máximo 20 persoas (admisión segundo orde de chegada)

18.00 horas | Obradoiro “O taller dos artistas: crea a túa propia obra de arte” Sala de Exposicións Porta Miñá
Dirixida: a todos os públicos en especial a nenos de 4 a 10 anos.
NON FAI FALTA INSCRICIÓN. (Aforo máximo 20 nenos) Terán que esperar se está
todo cuberto.
IMPORTANTE: para acceder ao Taller dos Artistas terás que dicirlle ao persoal de @museoslugo o contrasinal: «MANU FACTA» (feito a man).
Lembra traer o teu lapis ou pintura favorita para realizar os debuxos.

18.00 horas | Concerto de Traspielas MIHL

As persoas interesadas en participar nas actividades poden formalizar a súa inscrición na Oficina Municipal de Turismo ou a través do teléfono 982 25 16 58.



























