Feira de Primavera de Emprendedoras 2026

Feira de Primavera de Emprendedoras 2026
Lugar: Praza da Maior, Lugo
Data: 30 de maio de 2026
Horario: 10:30-18:30 h
Aberta e de balde para toda a cidadanía.
A Feira, contará con 25 stands de mulleres artesáns da provincia de Lugo.
Ademais, celebraranse dúas mesas redondas:
- 11:00-11:45h: Mesa redonda: “Xuntas innovamos: cooperación e futuro na artesanía”.
- 12:00-12:45h: Mesa redonda: “Artesanía circular e con propósito: posicionamento e potencial
de vendas”.
A feira contará cunha demostración artesanal impartida pola empresa Fusaiola onde as persoas asistentes aprenderán a tecer e a empregar as técnicas básicas do gorullo mediante o emprego de teares de sobremesa de peite ríxido.
Ademais, a partires das 13:45 está previsto un espazo de degustación con food truck e música e ambientación.
O Campus de Especialización Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela organiza a V edición da Feira de Primavera de Emprendedoras, que este ano leva por título “Artesanía e Innovación no Rural”.
Tras o éxito das edicións anteriores —centradas na economía verde e circular, a innovación no rural e os sabores con raíz—, a feira de 2026 pon o foco na artesanía como motor de innovación e identificación cultural, integrando as dimensións de I+D+i, igualdade de oportunidades e valorización das producións locais.
A 5ª Feira de Primavera de Emprendedoras: Artesanía e Innovación no Rural, está financiada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional, e organizada polo Campus Terra en colaboración con Concello de Lugo, Artesanía de Galicia e a Asociación de Artesáns de Lugo,




























