- Este evento ha pasado.
Inauguración da exposición “Miradas de Acisclo Manzano. Homenaxe á Virxe dos Ollos Grandes de Lugo”

Inauguración da exposición “Miradas de Acisclo Manzano. Homenaxe á Virxe dos Ollos Grandes de Lugo”
O xoves 2 de xullo ás 19:00 h. no Refectorio do Museo Provincial de Lugo, acto que contará coa presenza do artista.
A exposición ofrece unha escolma de 28 obras inéditas de recente execución, creadas neste mesmo ano de xeito específico para os espazos do museo.
O conxunto está composto por 19 pezas de arxila cocida que achegan diferentes variacións sobre a imaxe da Virxe dos Ollos Grandes, patroa da cidade, acompañadas de 9 debuxos e bosquexos preparatorios.
Despois de 72 anos de traxectoria desde os seus primeiros descubrimentos coa madeira, o escultor, que adoita definirse como “helénico e miñoto”, decántase nesta ocasión pola arxila ao entender o barro como poesía e como a sensación primeira e pura.
As obras están conformadas en barro refractario, xogando coas pátinas e as cores, e explorando os volumes parciais. Ao evitar o vulto redondo completo, Manzano consegue concentrarse na forza visual das formas suxeridas, combinando a figuración e a abstracción.
Permanecerá aberta ao público ata o 30 de agosto de 2026.

