Premios:
Premio formato libre: 1.000 €
Premio Retrato branco e negro: 1.000 €
Tres accésits: un de 500 € e dous de 250 €
O prazo de presentación de traballos comezará está aberto ata o 30 de Setembro de 2026.
«Na nosa primeira edición, procuramos capturar “un instante decisivo” — esa milésma de segundo onde o azar e a xeometría converxen — unha homenaxe directa a Henri Cartier-Bresson; este ano, queremos afondar na intención do observador.
“Visións dun instante” parte da premisa de que toda fotografía é, en esencia, unha historia curta; o testemuño dunha testemuña que decide que este momento, e ningún outro, merece ser rescatado do esquecemento. É a paradoxa de atopar unha historia completa na brevidade dun pestanexo.
Nesta convocatoria, a mirada deixa de ser unha canle pasiva e convértese nunha ferramenta de expresión visual. Buscamos non só a perfección compositiva, senón tamén a mirada que revela o invisible, a capaz de ler entre liñas no cotián e extraer beleza do efémero. Este ano, o concurso invítate a contar unha historia en dous actos:
Primeiro, pedímosche que mires cara a fóra: trátase de capturar ese momento no que algo ocorre na túa contorna, capturando o movemento e a maxia do que se desenvolve no mundo xusto cando todas as pezas encaixan ante a túa cámara.
Despois, pedímosche mirar á persoa: a través dun retrato en branco e negro, buscamos un encontro íntimo co outro. Ao quitar a cor, eliminamos as distraccións para centrarnos no que de verdade importa: a expresión e a mirada. Nesta foto, o rostro convértese nun mapa honesto que nos conta, desde dentro, quen é a persoa que temos diante.
En definitiva, queremos premiar a capacidade de captar o contexto e a alma. Invitámoste a ser o cronista deses instantes que só existen cando unha mirada atenta decide deterse neles.»
Kósima Llamas





