O programa estival da Rede Museística Provincial de Lugo é unha iniciativa deseñada para conectar o noso patrimonio coa aprendizaxe e a comunidade baixo o lema “Escola, Cultura e Territorio”.
Durante os meses de xullo e agosto, os catro centros da rede convértense en espazos vivos de encontro a través dunha variada oferta de obradoiros participativos e lúdicos para todas as idades.
Para a inscrición nas actividades xerais, débese escribir a concertacionsrmp@gmail.com.
Xullo: Obradoiros en Familia e “Tecendo Redes”
- 11 de xullo, de 12:00h a 13:00h | Museo Fortaleza San Paio de Narla: Obradoiro “Contra todo mal… Un herbario medieval!” (a partir de 6 anos). Recoñecemento da flora local e das calidades medicinais para construír un herbario con materiais de refugallo.
- 12 de xullo, de 17:00h a 19:00h | Museo Pazo de Tor: Obradoiro asociado ao espectáculo “Os Senteito” (a partir de 4 anos). Exploración da idea de fogar.
- 14 de xullo, de 12:00h a 14:00h | Museo Provincial de Lugo: Obradoiro asociado ao espectáculo “Carapuchiña Vermella” (a partir de 4 anos). Achegamento ao universo do pan galego.
- 15 de xullo, ás 12:00h | Museo do Mar: Obradoiro asociado ao espectáculo “Moby Dick” (a partir de 4 anos). Exploración das historias do océano e da identidade do centro.
- 21 de xullo, de 17:00h a 18:30h | Museo Provincial de Lugo: Obradoiro “A linguaxe do barro: Milagres compartidos”, con Soila Jankowska e Cris Bamio (adultos). Decoración dunha peza de barro artesanal. Actividade complementaria da exposición “Tecendo redes”. 15 prazas.
- 28 de xullo, de 17:00h a 18:30h | Museo Provincial de Lugo: Obradoiro “A linguaxe do barro: Milagres compartidos”, con Soila Jankowska e Cris Bamio (nenos e nenas a partir de 6 anos). Decoración dunha peza de barro artesanal. Actividade complementaria da exposición “Tecendo redes”. 15 prazas.
Actividades do programa Erasmus+ con CULTIV e Terras Irmás:
- 18 de agosto, ás 18:00h | Museo Fortaleza de San Paio de Narla e Pazo de Tor: Obradoiro “A Tradução do Medo”. Construción de museos interiores relacionando espazos coas memorias colectivas. (16 a 22 anos)
- 19 de agosto, ás 18:00h | Museo Pazo de Tor: Obradoiro “Manual para Criar um Jardim em Casa”. Construción de espazos persoais a través da escritura. (Para coidadores informais ou persoas que traballan en residencias de anciáns)
- 20 de agosto, ás 18:00h | Museo Provincial de Lugo: Obradoiro “Saramago para Todas as Línguas”. Reflexión sobre a diversidade lingüística a partir da obra de José Saramago. (6 a 12 anos)
- 21 de agosto, ás 18:00h | Museo Provincial do Mar: Obradoiro “Contador de Histórias”. Recuperación de memorias da costa para crear unha cartografía de historias. (6 a 12 anos)






