Presentouse a nova tempada de concertos da Sociedade Filharmónica de Lugo, que dará comezo o mércores 28 de outubro. e que será a número 80, de forma ininterrumpida, dende o ano 1947, alcanzando a cifra de máis de 765 concertos cos máis recoñecidos músicos e agrupacións de todo o mundo.

Representantes de Caixa Rural Galega, Círculo das Artes, Deputación de Lugo, Concello de Lugo e da Sociedade Filharmónica na presentación.
Quince concertos programados de outubro a maio con orquestras, solistas e agrupacións de cámara de primeira fila que traerán á nosa cidade a mellor música.
Forman parte do ciclo catro concertos sinfónicos e comezará cun concerto da Camerata OSG dirixida por Wadimir Rosinskij.
PROGRAMACIÓN
Camerata OSG Wladimir Rosinskij, director Solistas: Regina Laza, violín /Ruslana Prokopenko, cello / Dasha Rosinskij-Prokopenko, piano
Ábrese a tempada co concerto que ofrecerá a prestixiosa Camerata OSG no Círculo das Artes, o mércores 28 de outubro. Formada en 2013, polo director, viola e compositor Wladimir Rosinskij, é unha formación estable composta por integrantes das seccións de cordas da Orquestra Sinfónica de Galicia, entre eles algúns dos seus primeiros atrís.
 
Destaca tamén a presenza de tres orquestras sinfónicas: a Real Filharmonía de Galicia con dúas datas (4 de decembro e 6 de maio), dirixida polo ruso Sergey Malov e a estadounidense Jeannette Sorrell respectivamente; a Orquestra Sinfónica Vigo 430 (13 de marzo) baixo a dirección de José Luis López Antón e A Orquesta Fundación Filarmónica de Oviedo (30 de xaneiro) xunto ao chelista armenio Alexander Chaushian.
 
Solistas de gran prestixio internacional intervendrán, tanto con orquestras como en recitáis ou con grupos de cámara: o violinista ruso Sergey Malov, a pianista italiana Martina Consonni ou o violonchelista armenio Alexander Chaushian, serán algúns deles.
 
Unha das citas importantes é a volta ao escenario do Círculo das Artes do Cuarteto Gerhard (19 de decembro), sen dúbida unha das agrupacións de música de cámara máis importante do noso país, que repite na Tempada tras o grande éxito da súa derradeira visita, continuando co ciclo dos últimos cuartetos de Beethoven.
 
Tamén por segundo ano a tempada da Sociedad Filarmónica de Lugo formara parte do circuito Lied The Future, un programa de apoio a xóvenes talentos europeos no ámbito da canción poética e a música de cámara promovido pola asociación Franz Schubert, cun concerto a cargo do barítono alemán Bruno Meichsner e o pianista Daniel Prinz. Será o 16 de abril.
 
Adicada ao lied, e á canción de concerto, estará a actuación da mezzosoprano lucense Julia Portela Piñón, acompañada ao piano por Luis Monsalve (6 de marzo).
 
O piano será o protagonista en tres recitáis: Judith Jáuregui será a primeira o 20 de novembro, Ana Huerta ofrecerá o seu concerto o 9 de xaneiro e o brasileño Estefan Iatcekiw, gañador de importantes concursos internacionais e entre eles o Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo 2025 estará o 24 de abril.  
 
O 14 de xaneiro será a quenda do Cuarteto Opus X, acompañando ao pianista e compositor compostelán Octavio Vázquez, que presentará o seu Quinteto para corda e piano, xunto a cuartetos de Beethoven e Shostakóvich.
 
O ciclo incluirá, o 26 de febreiro, unha proposta dedicada á música antiga coa actuación do cuarteto formado por Giulio Mercati (clave), Gian Andrea Guerra (violín), Sara Ruiz (viola de gamba) e Rafael Muñoz (arquilaúde). O repertorio incluirá composicións de Dietrich Buxtehude e Jean-Philippe Rameau.
 
Terá un lugar sinalado a sección denominada Filharmonica Km. 0, na que teñen cabida novos valores da música lucense; será o 3 de abril o concerto a cargo do 1º Premio do útimo Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira do Conservartorio Prof. de Música Xoán Montes de Lugo, a saxofonista Violeta Fraga Sal, que intervendrá como solista e tamén xunto a un grupo de cámara formado por músicos lucenses. 
 
A Banda Filarmónica de Lugo participará tamén na tempada o 25 de abril cun programa no que destaca una obra para cuarteto de clarinetes e banda sinfónica.
 
Todos os concertos do ciclo serán no Círculo das Artes de Lugo ás 20:00 h.
ENTRADAS
As persoas interesadas en adquirir o abono de tempada ou facerse socias da Sociedad Filarmónica pódeno facer escribindo ao correo electrónico filarmonicadelugo@gmail.com.
 
As entradas para non socios, para os concertos soltos, poderanse adquirir o mesmo día da actuación nas oficinas do Círculo das Artes. Tamén haberá entradas para estudantes a prezo moi reducido e entrada de balde para menores de idade e estudantes do Conservatorio.
 
Toda a información da tempada en: www.filarmonicadelugo.com