Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Observación pública da eclipse total de sol en Lugo

12 de agosto - 18:00

No marco do proxecto «Eclipse 2026.8.12 en Lugo», a cidadanía poderá seguir o fenómeno en condicións óptimas e seguras en tres zonas de observación pública: o Parque Rosalía de Castro, o adarve da Muralla Romana e a Praza Maior.

Os tres espazos abrirán ao público ás 18:00 horas e estarán atendidos por uns 30 membros do persoal do proxecto, con áreas reservadas para persoas con mobilidade reducida. As actividades previstas nas diferentes zonas e sectores de observación (detallados no mapa en liña accesible en http://u.osmfr.org/m/1441570/) inclúen:

  • Reparto de lentes de eclipse homologadas nas casetas informativas, para garantir unha observación segura.
  • Observacións por proxección e con telescopios solares de luz branca e H-alfa, que permitirán apreciar diferentes detalles da superficie e da atmosfera do Sol.
  • Unha pantalla xigante coa evolución da eclipse en directo.
  • Un obradoiro para que a rapazada constrúa a súa propia cámara estenopeica coa que observar o Sol.

A organización lembra as normas básicas para mirar o Sol con seguridade: mentres haxa luz, as lentes de eclipse deben estar sempre postas e só se poderán retirar durante a totalidade ou cando o indique a megafonía. Nunca se deben usar prismáticos, telescopios ou cámaras fotográficas sen un filtro solar propio diante da óptica: as lentes de eclipse, por si soas, non son suficientes para estes instrumentos.

Web https://eclipse2026lugo.gal/

Detalles

  • Fecha: 12 de agosto
  • Hora:
    18:00
  • Categoría de Evento: