Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Lugo Music Festival 26

18 de agosto - 20:00 - 22 de agosto - 20:00

O Lugo Music Festival ’26 reúne en Lugo música e talento de diferentes estilos e países do 18 ao 22 de agosto

Unha das novidades desta edición será a apertura do Festival, por primeira vez, na Praza Maior de Lugo. Será o martes 18 de agosto,
ás 20.00 horas, co concerto inaugural de músicas populares urbanas e tradicionais a cargo da Banda Sinfónica.

A programación continuará o mércores 19 de agosto, ás 20.00 horas, no Círculo das Artes, cun recital de solistas con Gerald Vázquez, ao
piano, clarinete e arpa, e Iria Estévez, como cantante.

O xoves 20, ás 20.00 horas, a Praza Maior acollerá o concerto do Ensemble Xuvenil de Ventos, coa participación de Tabea Graser, que actuará con novo repertorio o venres 21 no Círculo das Artes, ás 20.00 horas, acompañada polo Grupo de Corda e Piano.

O festival pecharase o sábado 22 de agosto, ás 20.00 horas, no Círculo das Artes, cun concerto de clausura do Grupo de Corda e Piano.

Esta última xornada acollerá tamén a gran final do V Curso-concurso de Dirección Musical, unha mostra de swing con Nati & Jose Swing e a
intervención do saxofonista solista Kike López.

Detalles

  • Inicio: 18 de agosto - 20:00
  • Finaliza: 22 de agosto - 20:00
  • Categoría de Evento: