- Este evento ha pasado.
Inauguración de “Sustrato habitual”, exposición individual de Román Corbato

INAUGURACIÓN | SUSTRATO HABITUAL | ROMÁN CORBATO na Galería Néboa
«O sábado 19 de setembro ás 12 h inauguramos “Sustrato habitual”, exposición individual de Román Corbato (Xixón, 1980).
En “Sustrato habitual”, a xeoloxía e o territorio adquiren un papel central. A lousa, os mapas, as estratificacións, as formas de erosión e os materiais atopados permítenlle ao artista achegarse a un tempo que excede a escala humana: un tempo profundo, inscrito na materia e na paisaxe.
A exposición estará acompañada dun texto de Cristina Ramos, escrito para a ocasión.
“Sustrato habitual” forma parte de ABERTO 2026, a inauguración conxunta das galerías da Asociación Contemporánea.» https://www.instagram.com/galerianeboa/
Román Corbato (Xixón, 1980) é artista visual, investigador e docente na Facultade de Deseño da Universidade de Vigo. Doutor en Arte Contemporánea: Creación e Investigación pola Universidade de Vigo e Arquitecto pola Universidade da Coruña. A través dunha mirada expandida da escultura, que inclúe instalación, vídeo, fotografía e debuxo, o seu traballo céntrase nas relacións entre os individuos e os lugares que habitan, reconfigurando as distintas conexións entre contextos, obxectos e símbolos.
Ao longo da súa traxectoria recibiu, entre outros recoñecementos, o I Premio da III Convocatoria de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura de Galicia (2015), o I Premio do Certame Nacional de Artes Plásticas Art Nalón (2016), o Premio Proxecto Expositivo á Produción do Centro Valey (2016) e o Premio NH Collection Santiago na feira Cuarto Público (2016). A súa obra forma parte de coleccións como a Fundación Pública Galega Camilo José Cela, a Fundación Florencio de la Fuente e a Pinacoteca Municipal de Langreo, ademais de coleccións particulares.