A música negra, o rap, a electrónica e a cultura urbana volverán ter un espazo propio dentro das festas de San Froilán coa celebración da XXI edición do SFDC 21 · Lugo, unha cita que terá lugar o sábado 10 de outubro na Praza de Santo Domingo, desde as 17:00 horas e ata a madrugada.
Serán oito horas de programación e seis propostas artísticas que levarán ata o centro da cidade diferentes maneiras de entender a música urbana, combinando artistas locais e galegos con nomes procedentes doutras partes do Estado.
A programación abrirase ás 17:00 horas con DEIN:
Artista lucense vinculado á escena urbana da provincia, que chega ao Son Urbán para presentar o seu rap e demostrar que o talento local tamén ten o seu espazo e a súa voz dentro do festival.
O rapero lucense afincado en Barcelona e unha das voces vinculadas á nova escena urbana da cidade. O seu directo achegará unha proposta de rap contemporáneo con identidade propia e conexión directa coa cultura urbana galega.
Para esta ocasión estará acompañado os maquinas por Dj Popy García.
@danielfrancomeliveo
@popy_garcia
Ás 17:45 será a quenda de Juli Giuliani, artista procedente de Barcelona que transita entre o hip hop, o soul, o funk, o jazz e o house, cunha proposta que difumina as fronteiras entre xéneros.
En esta ocasion estara acompañado no escenario por o artista Lucense Oliver aka KAOS.
Ás 19:00 horas chegará LUMEDOLOOP, desde Ordes, proxecto formado por Jamas, Møu fundadores da mítica banda Dios Ke Te Crew e DJ Mil.
Tres nomes fundamentais da cultura hip hop galega que unen rap, produción e scratches nunha proposta con identidade propia e fortes raíces na escena galega.
Velen a presentar (Re) existencia en primicia a Lugo, traballo recente que aborda ifentidade, resistencia e transformacion dende o hiphop e rap en galego.
A partir das 20:20 horas, a programación dará paso á electrónica con Telephunken, chegado de Zaragoza e considerado un dos nomes de referencia do nu-funk estatal. O seu directo mestura funk, breaks, hip hop e electrónica.
Un directo pensado para facer bailar e conectar diferentes linguaxes da música negra e electrónica. Veñen a presentar o aniversario dos 25 anos do lanzamento do seu primeiro disco.
Xa pola noite, ás 22:00 horas, será a quenda de Onelia, DJ e produtora madrileña cunha longa traxectoria na escena electrónica, que achegará á Praza de Santo Domingo unha sesión marcada polo funk, o disco e o house.
O programa pecharase coa actuación de Dani Rivera, procedente de Vigo, que subirá ao escenario ás 23:00 horas cunha proposta centrada no house e nos sons de club, froito dunha longa experiencia en actuacións dentro e fóra de Galicia.
Música e cultura urbana
A proposta do SFDC 21 non se limitará á música. A música estará acompañada de visuais e dunha imaxe gráfica creada polo artista urbano lucense Diego AS, recoñecido internacionalmente polo seu traballo no muralismo e a cultura urbana.
Deste xeito, a Praza de Santo Domingo converterase durante varias horas nun punto de encontro entre diferentes disciplinas e escenas, conectando a creación local con artistas e propostas procedentes de distintos puntos de Galicia e do Estado.
Con 21 edicións ás súas costas, o SFDC 21 consolídase como unha das citas vinculadas á música urbana dentro do calendario festivo lucense. Unha programación que aposta pola diversidade de estilos e pola convivencia entre rap, música negra, electrónica e cultura hip hop.
Produce: Trasnosound Events
ilustración: @diegoas_graffiti






