O Concello de Lugo presentou o programa definitivo do San Froilán 2026, que reúne 346 actividades.

As festas celebraranse do 4 ao 12 de outubro, cunha programación ampla e diversa, pensada para todas as idades e para diferentes formas de vivir as patronais.

Música, verbenas, cultura tradicional, propostas familiares, actividades de rúa, mocidade, deporte e unha ampla presenza das agrupacións e artistas locais. Unha programación gratuíta nos escenarios municipais e con propostas repartidas por diferentes puntos da cidade.

O sábado 26 de setembro, abrirán as barracas e as casetas do polbo

Non haberá fogos artificiais con cohetes, como medida para reducir o impacto do ruído nas festas e facilitar a participación de persoas e animais especialmente sensibles.

A hora sen ruído. Do 4 ao 12 de outubro, entre as 17.00 e as 18.00 horas, as barracas reducirán o ruído para ofrecer durante ese período unha experiencia máis tranquila no recinto feiral.

Préstamo de cascos antirruído para reducir o impacto do ruído e facilitar o acceso ao recinto ás persoas que o precisen.

19 propostas no apartado de outras actividades, con iniciativas vinculadas á artesanía, á gastronomía e á cultura, entre elas a Feira de Artesanía e Gastronomía Gastroarte, con participación de diferentes profesionais. Na Mosquera se montará unha feira de antigüidades.

Haberá un espectáculo de drons o último día das festas.

As festas comezan oficialmente co pregón do domingo 4 de outubro, ás 12.00 horas, a cargo de Sonsoles Ónega, desde o balcón da Casa do Concello, que dará paso, ás 12.30 horas, a Os Pelúdez entre nós, os Xigantes e Cabezudos e Cantigas e Frores, que percorrerán a praza Maior e diferentes rúas do centro da cidade

PROGRAMA SAN FROILÁN 2026

Web oficial sanfroilan.info