Visións de cine ‘Onde suceden as historias’

O 21 de novembro teremos o encontro ‘Visións de cine’, unha actividade incluída na programación do Outono Cultural.
Da man de catro profesionais poderás achegarte dunha maneira moi afable ao mundo do cine.
De 11:30 a 13:30 no Pazo de Montenegro.
Pepe Coira, Andrés Goteira, Adra Pallón e Clara Coira serán as persoas relatoras. Elixirán dúas secuencias e a partir de aí todo estará por contar, todo por falar e analizar. O acceso é libre e de balde.
Esta actividade enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural que desenvolven a Universidade de Santiago de Compostela, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

