Concerto BANDA AL9

«Estes serán os dous primeiros concertos na Sala Facela!
Dúas bandas, dúas maneiras de entender o rock and roll, pero un mesmo espírito: guitarras, melodías e paixón pola música feita sen demasiadas concesións.
Mércores 25 novembro – 22:00 horas
BANDA AL9 chegan desde Brasil cunha auténtica declaración de amor ao pop de guitarras. Formada polos irmáns Matheus e Thiago Khouri, a banda combina melodías luminosas, harmonías vocais moi coidadas e ese son contaxioso que conecta o mellor pop dos 60 e 70 cunha enerxía absolutamente actual. O seu novo disco, Hey! Hey! We’re Banda AL9, publicado por Wicked Cool Records, o selo de Little Steven Van Zandt, confirma a súa habilidade para escribir cancións directas, pegañentas e desas que custa quitar da cabeza. En directo veñen demostrar que as grandes melodías e as boas cancións nunca pasan de moda.
Xoves 26 de novembreo – 22:00 horas
Desde San Diego chegan THE MOTHMEN, unha auténtica superbanda formada por músicos procedentes dalgunhas das formacións máis interesantes do garage rock americano: The Tell-Tale Hearts, The Crawdaddys, The Unknowns e The Zeros. Primeira xira por España con esta formación e cun novo EP baixo o brazo, editado por Snap Records Spain. Garage, enerxía e moito rock and roll do que nunca pasa de moda.
Dúas bandas, dúas procedencias e unha mesma celebración do rock and roll. Das que nos gustan!
Entradas en facelafest.com e woutick.com
Compra o bono dous dous concertos e así aforras para unhas birras!
Artwork de @lachapera»