Grandes figuras da música clásica internacional na Semana da Música do Corpus de Lugo 2024.
Do sábado 18 de maio ao 1 de xuño celébrase na cidade de Lugo a 51 edición do decano dos festivais galegos e un dos máis antigos do Estado español.
Amandine Beyer, referente mundial na interpretación do repertorio barroco para violín, e o seu grupo Gli Incogniti abrirán o festival o 18 de maio no Círculo das Artes ás 20:30 h.

Cincuenta e un anos de historia avalan ao decano dos festivais de música clásica de Galicia, tradicionalmente coñecidos como a Semana da Música do Corpus, que reúne anualmente a grandes figuras do panorama musical nacional e internacional en Lugo e que desde hai anos amplíou a súa dimensión a máis dunha semana de duración.

Nesta 51 edición contará con intérpretes como a violinista francesa Amandine Beyer (Nomeada no 2023 Embaixadora Mundial do Día da Música Antiga), que co seu grupo Gli Incogniti abordará un programa centrado nos concertos de J. S. Bach; o grupo historicista La Guirlande, dirixido polo frautista Luis Martínez Pueyo, que xunto coa soprano Alicia Amo desenvolverá un programa con “Músicas ao divino na España e o México virreinal do século XVIII” de autores como Nebra, Casellas, Hernández. Illana ou Juan Martín Ramos; a soprano Elisabeth Hetherington e Pérgamo Ensemble cun programa que xirará arredor de obras de Telemann e Zelenka; ou o pianista François Dumont que ofrecerá un recital centrado en Frederic Chopin.

O multipremiado Notos Quartett, un cuarteto con piano de sona internacional e un dos poucos grupos estables con esta formación, abordará cuartetos de Mozart, Bryce Dessner e Brahms. O novo quinteto de vento Dianto Reed Quintet, de absoluta actualidade pola seus últimos premios e distincións, propón un programa baseado na música española co que convida a “buscar e sentir o Duende”. A música de mulleres compositoras no tránsito do século XVI ao
XVII serán as protagonistas do concerto de Son de Corda, cuarteto vocal acompañado neste programa dun “continuo” barroco.

Pechará o festival, o 1 de xuño, o violinista Jonian Ilias Kadesha, dirixindo a Orquestra Sinfónica Vigo 430 en dous concertos para violín de Vivaldi e Mozart e sinfonías de Mendelssohn e Haydn.

Amandine Beyer
Concertos gratuitos:  

Todos os concertos celebraranse no Círculo das Artes de Lugo agás o da agrupación Son de Corda, que terá lugar na Capela de Santa María. Serán con entrada de balde ata completar a cabida. 

Son de Corda
PROGRAMA Festival de Música Cidade de Lugo 2024 – 51 Semana de Música do Corpus

18 de maio – Círculo das Artes – 20:30 h
Gli Incogniti
Amandine Beyer, violín e dirección
Concerti per il principe (Concertos de J. S. Bach)

21 de maio – Círculo das Artes – 20:30 h
Dianto Reed Quintet
Identidades, a maxia do Duende

23 de maio – Círculo das Artes – 20:30 h
Elisabeth Hetherington, soprano
Pérgamo Ensemble
Mater Misericordiae (Telemann e Zelenka )

25 de maio – Círculo das Artes – 20:30 h
Notos Quartett
Piano Quartet (Mozart, Dessner e Brahms )

25 de maio: Música na rúa (música nas rúas a cargo de alumnado do conservatorio, escolas de música e agrupacións e interpretes lucenses, das 12:00 ás 20:00 h).

26 de maio – Capela de Santa María – 19:30 h
Son de Corda
O Mérito das mulheres. Compositoras no tránsito do S. XVI ao XVII

28 de maio – Círculo das Artes – 20:30 h
François Dumont, piano
Recital (Bach, Mozart, Liszt & Chopin)

31 de maio – Círculo das Artes – 20:30 h
La Guirlande
Alicia Amo, soprano
Cristal Bello
Músicas ao divino na España e o México virreinal do século XVIII

1 de xuño – Círculo das Artes – 20:30 h
Orquestra Sinfónica Vigo 430
Jonian Ilias Kadesha, violín e dirección
Paixón. Concertos e sinfonías. (Mozart, Vivaldi, Mendelssohn e Haydn)

Toda a información do festival en: https://filarmonicadelugo.com/semanamusicacorpus/

O Festival de Música Cidade de Lugo está organizado pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación (Area de Cultura) e da Sociedade Filharmónica de Lugo.