Iria Castro, deputada de cultura da Deputación de Lugo, na inauguración da Exposición «Mulleres en Gaza». Foto: VivaLugo

A Vicepresidencia da Deputación poñeralle son ao Nadal en Lugo cunha trintena de actuacións de corais nas rúas da cidade, entre o 15 ao 30 de decembro.

A programación contará coa participación das formacións Ecos do Miño, Orfeón Xoán Montes, Schola Gregoriana Lucensis, Coral Cantigas e Frores, Conxunto Vocal Lugh, Xove Coro de Lugo, Sólo Voces, Coral Polifónica Xolda, Coro Hospital de Lugo, Cantar Delas, Coral Lucus Terra,
Asociación Música Vocal Xeada, Coro Xuvenil de Lugo e Orfeón Lucense.

Iria Castro explicou que “con este programa, contribuímos a ambientar a cidade  nunhas datas moi simbólicas, con moita xente nas rúas,
disfrutando dos espazos públicos” e reforzamos “o apoio ás corais, coas que mantemos un contacto contínuo ao longo do ano incorporando as súas propostas a diferentes programacións, como o Tradigalu”

As corais percorrerán as rúas do centro da cidade, interpretando repertorios pensados para esas datas, que inclúen panxoliñas e cantos de
Reis e tamén pezas relacionadas co Nadal noutras tradicións culturais.