8.3 C
Lugo
Vie, 26 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

II Xuntanza de Centros Sociais

27 de diciembre - 11:30 - 20:30

II Xuntanza de Centros Sociais

Sábado 27 de decembro de 2025

11:30 a 19:30 horas

A Hedreira, Lugo

«Tanto se participas na xestión dun centro social coma se es usuaria, estás convidada a asistir ao encontro de centros sociais que terá lugar no CSA A Hedreira (Lugo) este sábado 27 de decembro.

Este será o programa do encontro:

· 11:30 – Recibimento
· 12:00 – [Exposición] A experiencia da Xarxa de Casals i Ateneus dels Països Catalans: funcionamento e impacto.
· 13:30 – [Dinámica] Desafíos que atravesan os centros sociais galegos. Faremos unha chuvia de ideas global, dividirémonos en grupos de traballo por temáticas e extraeremos conclusións en conxunto.
· 14:30 – Xantar vegano*
· 16:00 – Bingo musical
· 17:00 – [Mesa redonda] Que necesidades e propósitos podemos cubrir mediante unha coordinación de centros sociais a nivel galego?
· 18:30 – [Diálogo aberto] Como organizamos a coordinación?
· 19:30 – Concerto

*Para poder estimar a comida, agradecemos que nos avisedes de cantas persoas vides, e tamén se tedes algunha alerxia e demais casuísticas a ter en conta para o xantar. Prezo á vontade.

Reserva por aquí ou no mail csahedreira@riseup.net» A Hedreira

Detalles

  • Fecha: 27 de diciembre
  • Hora:
    11:30 - 20:30
  • Categoría del Evento:

Local