Presentación de «Adelina» de Sandra Lodi

Presentación de «Adelina» de Sandra Lodi
- Venres, 16 de xaneiro
- 19:00h
- Librería Trama
Sandra Lodi presenta na librería o seu libro Adelina (Premio Castelao de Banda Deseñada 2024).
A autora estará acompañada de Alberto Guitián, debuxante e humorista gráfico.
Sobre Adelina:
Adelina é unha muller maior que escapa da residencia na que está internada contra a súa vontade cun propósito tan teimoso coma ela: volver á súa casa.
O resultado é unha obra que combina reivindicación, humor e crítica social cun estilo divertido e irreverente.
Unha historia que defende a dignidade, a liberdade persoal e o dereito a decidir como queremos vivir, rompendo cos prexuízos e cos discursos idadistas. (Ed. Galaxia)





























