Encontro coa escritora Elisa Vázquez de Gey

Encontro coa escritora Elisa Vázquez de Gey
O Club de lectura Lugo Patrimonio e a Librería Trama organizan unha charla aberta con Elisa Vázquez de Gey a propósito do seu libro ‘El alma del tango. Ada Falcón, la diva’
- Venres, 16 de xaneiro
- 17:00h
- Librería Trama
Sobre ‘El alma del tango’, de Elisa Vázquez de Gey e Eduardo Alberto Zavala:
Na Arxentina de principios do século XX, o nacemento do tango proporcionou a banda sonora dos teatros, os inicios da radio, as discográficas e o cine. Nun tempo récord, Ada Falcón triunfa. A súa voz, que incluso cativou a Gardel, chegou ós fogares de todo o país, os seus discos esgotáronse e as súas xoias, romances e caprichos enchen as páxinas das revistas. É a estrela consentida que se move con facilidade nun mundo de homes, elegante, esplendorosa.
Pero… ata onde pode chegar unha persoa para superar a dor da traizón? Porque, de súpeto, a célebre diva desaparece aos 37 anos e nunca máis volve cantar.
Medio século despois, un historiador arxentino e unha produtora española seguen o seu rastro ata un recuncho agochado. Alí, a diva esquecida Ada Falcón rompe o seu silencio. E o que revela é unha historia fascinante onde a paixón, a traizón, a fe e a música se entrelazan coa intensidade dun tango eterno. Este libro é máis que unha novela: é unha viaxe literaria e documental á vida privada dunha muller irrepetible que decidiu reinventarse no misterio.





























