Cine en versión orixinal «Siempre es invierno»
Este curso 2025/2026, a EOI continúa colaborando cos Códex Cinema de Lugo para promover o visionado de películas en versión orixinal na terceira edición da iniciativa cultural Fonema Cinema.
O 11 de febreiro, ás 20.00h, proxectarase a película en español «Siempre es invierno» (David Trueba, 2025).
O 25 de febreiro, ás 20.00h, está programado o filme en inglés «Hamnet» (Chloé Zhao, 2025).
E o 3 de marzo, ás 18.00h, a película en galego «Antes de nós» (Ángeles Huerta, 2025).
Para os membros da comunidade escolar da EOI, a entrada ten un prezo reducido de 3 euros e debe ser comprada, preferentemente, a través do departamento correspondente. Para os/as acompañantes e o público xeral, custará 6,90 euros e deberá ser adquirida no propio cine.




























