Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Teatro – Ubasute

12 de febrero - 20:30
Teatro – Ubasute

Berrobambán

Xoves, 12 de febreiro de 2026 – 20:30 hs.

Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo
Idade recomendada: A partir dos 14 anos

Sinopse:

Ubasute é un termo xaponés que significa literalmente “abandono dunha anciá” e que se refire ao presunto costume de deixar nunha montaña ou nun lugar afastado a un parente vello ou enfermo. Existen referencias dese costume na tradición oral de numerosas culturas, pero ningunha proba.

Ubasute é o máis recente texto da dramaturga galega Paula Carballeira logo do seu recoñecemento co Premio Nacional de Literatura Dramática no ano 2023. Publicada pola Editorial Galaxia foi recoñecida pola prestixiosa Revista Babelia como un dos 5 mellores textos editados en galego no 2024. Así mesmo, a peza é actualmente finalista na categoría de Teatro dos Premios Follas Novas do Libro Galego.

Ubasute é unha peza de aparencia simple máis de difícil clasificación que conxuga xéneros e abre enigmas para colocar o foco de atención na reflexión ao redor do abandono. De forma sutil e lúdica, Paula Carballeira toca temas de profunda gravidade a través dun xoguete escénico livián que brinda a posibilidade de emprender múltiples viaxes: a de acompañar o tránsito de cada personaxe e a de emprender unha viaxe interior na que cada espectadora poida recoñecerse mentres se abandona ao que queda implícito entre liñas.

ENTRADAS

Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

Local

  • ​Auditorio Municipal Gustavo Freire
  • Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
    Lugo, Lugo 27003 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 24 44 05