A administración Trump: unha nova orde mundial?
Os ‘Encontros de Lúa Chea’, un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e incluído dentro da programación da Primavera Cultural, ofrece o xoves 26 de febreiro, ás 19.00 horas, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo, o faladoiro ‘A administración Trump: unha nova orde mundial?’.
Entrada de balde.
Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural asinado por USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.
























