Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de Zeltia Irevire

3 de marzo - 20:30

Zeltia Irevire actuará no ciclo ‘Lubicán íntimo’, incluído dentro da programación da Primavera Cultural, o martes 3 de marzo ás 20.30 horas na Casa do Saber do campus de Lugo. A entrada é libre e aberta, ata completar a capacidade da sala.

Previamente, ás 12.30 horas, haberá un encontro con Zeltia Acuña na Casa do Saber, que require previa inscrición en cultura.lugo@usc.gal

Zeltia Irievire
Zeltia Acuña: voz e guitarra acústica.
Migui Carballido: coros, bouzouki, bodhran e outras percusións.
Cibrán Seixo: violín e sintetizador de baixo. 
 
Zeltia Irevire é unha banda galega formada no ano 2019 en Santiago de Compostela. A agrupación mergúllase en xéneros como o folk ou o blues, entre outros, conseguindo unha identidade sonora inconfundible que chaman Folk Tribal.
 
A súa música destaca pola sólida integración de instrumentos acústicos, unha voz potente con sons máis electrónicos.
 
As letras das súas cancións están inspiradas nas historias da sabedoría popular e reivindican a protección do patrimonio cultural e natural de Galicia.
 
Zeltia Irevire continúa explorando os límites das Músicas do Mundo, ofrecendo ao público unha experiencia envolvente.
 
En 2019 danse a coñecer co EP “Directos na Ponte”. En 2023 recollen as súas cancións no seu primeiro LP “Vacaloura” . En 2025 presentan o seu sinxelo “A canción da Sentinela”
 
Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Detalles

  • Fecha: 3 de marzo
  • Hora:
    20:30
  • Categoría del Evento:

Local

  • Casa do Saber
  • Praza Pío XII, 3
    Lugo, Lugo 27001
    + Google Map