Concurso de disfraces do entroido 2020 en Lugo

Xa está aberto o prazo para anotarse nos concursos de disfraces do Entroido 2023.

“Trátase dunha das actividades que contan con maior participación por parte da veciñanza”, afirmou Maite Ferreiro, Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, “desde a Tenencia de Alcaldía estamos ultimando xa a programación deste Entroido, que será diversa para repetir os éxitos dos anos anteriores”.

O sábado 18 de febreiro a partir das 17:00, terá lugar o concurso infantil de disfraces na praza Maior. Bases nas imaxes deste artigo.

O xurado, que estará formado por persoas de recoñecido prestixio e vinculación coa cultura, repartirá premios en categorías individual (100, 80 e 50 euros), parellas (150, 120 e 90 euros) e comparsas (240, 180, 140 euros), que serán entregados dous vales, un por un lote de libros, que pode incluír material escolar ou de papelería, e outro para actividades de ocio e tempo libre.

O día 21 de febreiro terá lugar o concurso de disfraces para adultos. Bases nas imaxes deste artigo.

Os premios desta edición serán de 500, 300 e 200 euros, xunto con tres accésits de 50 euros en categoría individual, 600, 400 e 300 euros, xunto con 5 premios de 100 euros na categoría de parellas e as comparsas optarán a premios de  1.100, 800, 600 euros, e xunto con 7 premios máis de 200 euros.

As inscripcións poderán realizarse a través do correo electrónico cultura@lugo.gal, onde se pode solicitar máis información sobre os concursos. Na categoría infantil, as inscripcións pecharanse o 17 de febreiro ás 14:30, mentres que o concurso de adultos pechará as inscripcións o 20 de febreiro, tamén ás 14:30.