A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a terceira edición do festival de danza organizado polas escolas de Lugo «Primavera é danza», que conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo a través da área de Cultura.
«Renovamos o noso apoio coas escolas de Lugo para continuar a difundir a danza e as súas distintas formas, aproveitando as rúas como un gran escenario para as distintas agrupacións», explicou Maite Ferreiro, que estivo acompañada por integrantes das distintas escolas de danza lucenses na presentación.
O festival conta tamén cun espectáculo de fusión de distintos estilos que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire o 28/04 a partir das 20:00.
Ferreiro afirmou que con esta iniciativa a Tenencia de Alcaldía continúa a apoiar á danza «aumentando a nosa aposta, despois de contar cunha programación estable de danza ao longo de todo o ano».
Datas danza na rúa (fondo da praza Maior, en caso de choiva, soto da Praza de Abastos)
– Oxeito, 23 de abril 18:30.
– Magie Dance, 26 de abril 16:30.
– Gravitty, 27 abril 16:30.
– Victoria Gil, 7 de maio ás 17:30
– Star Dance, 9 de maio 17:00.
– Escola Palimoco Teatro e Danza – 10 de maio ás 12:00
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte