Maite Ferreiro, presentou as actividades que conforman a nova edición da programación de animación á lectura e contacontos. «Con estas actividades pretendemos achegar ás máis pequenas e pequenos á biblioteca e ao mundo da lectura e dos contos, prestando ademais especial atención ao fomento da igualdade de xénero», explicou Maite Ferreiro.
«Esta edición do ciclo contará de novo co MIHL como espazo principal, achegando así á veciñanza a un edificio cultural máis», explicou a edil de Cultura, que engadiu «para asistir será preciso retirar entrada, de maneira gratuíta, no portal entradaslugo.es«
Programación (sempre ás 18:00 no MIHL)
26/02 – “Hotel Paraíso” de GALEATRO. A partir de 4 anos
Imaxina un lugar onde cada cuarto garda un sentimento, cada corredor conta unha historia e cada parede asubía un segredo. Ven hospedarte no “Hotel Paraíso”, onde cada palabra é unha chave e cada emoción, unha porta por abrir.
12/03 – “Toupiciencia” de A XANELA DO MAXÍN. A partir de 5 anos
A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, e mais o seu axudante Protonio, andan a buscar ás persoas científicas do futuro, facendo divertidos experimentos e demostrando que facer preguntas é a clave para aprender.
26/03 – “Tralará. Contos, obxectos e música” de MARTA ORTIZ. De 1 a 3 anos
Tralará ten o ritmo no corpo, cos cantos e refráns, retrousos e rimas, xogos de palabras e contos versados.
9/04 – “Ramona Órbita, a dona do tempo” de PAKOLAS. A partir de 3 anos
Pakolas conta e canta a historia de Ramona, unha muller labrega e científica do Courel, que posúe unha horta cibernética e unha máquina do tempo coa que viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo máis ecolóxico.
16/04 – “Vamos ao recreo” de TRÉMOLA TEATRO. A partir de 3 anos
O recreo é o sitio máis divertido de todo o cole. Pero neste cole, o patio estaba separado por unha corda: nun lado xogaban as nenas e no outro, os nenos… ata que chegou Sara. Vindes con nós a descubrir como esta nena revolucionou todo o patio?
23/04 – “O Paroleiro” de OS CONTOS DE PABLÍSIMO. A partir de 4 anos.
Celebramos o Día do Libro cunha sesión variada de relatos clásicos e contemporáneos.
#Lugo
























