Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Actividades en Lugo polo Día das Letras Galegas

16 de mayo - 17 de mayo
Actividades en Lugo polo Día das Letras Galegas

O Concello de Lugo presenta unha programación especial para esta fin de semana para celebrar o Día das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño.

Sábado 16 de maio Programación no Vello Cárcere
• 11:30 a 13:00 horas – Club de lectura aberto: “Mulleres que reescriben os mitos”, arredor das obras Circe ou o pracer azul e Morgana en Esmelle. Actividade para maiores de 14 anos.
• 12:00 a 13:00 horas – Obradoiro familiar: “Monstros e heroínas do mar”. Actividade dirixida a familias con nenos e nenas de 4 a 12 anos.
• 17:00 a 18:30 horas – Ruta participativa: “Palabras presas, palabras libres”, unha visita guiada con perspectiva de xénero centrada na memoria das mulleres presas no Vello Cárcere.
Domingo 17 de maio
No templete da Praza Maior
• 11:30 a 13:00 horas – Encontro cos Bolechas
• 17:30 a 19:30 horas– Lectura pública das obras de Begoña Caamaño coa participación cidadá, acompañamento musical de Claustromúsic@ Lugo e conducida pola xornalista Raquel González.
No Vello Cárcere 
• 11:30 a 13:00 horas – Contacontos teatralizado: “Circe en O Vello Cárcere”, dirixido ao público familiar.
• 12:00 a 13:00 horas – Conversa literaria: “Ler a Begoña hoxe”, sobre a obra e o legado da autora homenaxeada.
• 17:00 a 18:30 horas – Obradoiro interxeracional: “Cartas para Morgana”, arredor da escritura creativa e da revisión da historia desde unha perspectiva de xénero.
• 18:30 a 19:00 horas – Lectura pública dos textos elaborados durante o obradoiro.
Durante este acto interpretaranse diferentes pezas representativas da música galega, nun percorrido musical que pon en valor tamén o patrimonio cultural do país.
IMPORTANTE: As inscripcións poderanse facer no teléfono 982 297195 en horario de 11.00 a 14.00 horas ou de 16.00 a 20.00 horas ou ben no correo electrónico vellocarcere@lugo.gal

Detalles

  • Inicio: 16 de mayo
  • Finaliza: 17 de mayo
  • Categoría de Evento: