Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Acto institucional de nomeamento de Xoán Montes Capón como Fillo Predilecto de Lugo

24 de junio - 20:00

Acto institucional de nomeamento de Xoán Montes Capón como Fillo Predilecto de Lugo  coincidindo coa tradicional homenaxe
ao compositor lucense por parte do Orfeón que leva o seu nome.

Mércores, 24 de xuño, ás 20.00 horas no Círculo das Artes

Con esta distinción, Lugo rende homenaxe a un músico que deixou unha pegada imborrable na vida cultural da cidade e cuxo legado continúa vivo máis dun século despois da súa morte.

Compositor, organista da Catedral de Lugo, fundador do primeiro coro da cidade, impulsor da Banda Municipal e pianista do Círculo das Artes, Xoán Montes é considerado unha das personalidades máis destacadas da música galega do século XIX e un dos grandes embaixadores culturais de Lugo.

A programación incluirá tamén as actuacións da agrupación de música tradicional Son de Lugh e da Banda Filarmónica de Lugo, que
servirán de antesala a unha celebración que concluirá coa interpretación a cargo do Orfeón Xoan Montes da peza de Negra Sombra,
unha das composicións máis coñecidas e emblemáticas do músico lucense.

O nomeamento como Fillo Predilecto responde á iniciativa promovida pola Asociación Orfeón Xoán Montes e conta co respaldo unánime da
Corporación municipal, que recoñeceu deste xeito a extraordinaria contribución do compositor á historia cultural de Lugo.

Detalles

  • Fecha: 24 de junio
  • Hora:
    20:00
  • Categoría de Evento:

Recinto