Cargando Eventos

« Todos los Eventos

(Ás 20:15 h) Proxección de documental interactivo sobre as revoltas estudantís do 68

15 de diciembre - 20:00

O martes 15 de decembro, ás 20.15 h na Casa do Saber do campus de Lugo,

Proxección de ‘Antes de maio’, un documental interactivo sobre as revoltas estudantís do 68.

O acceso é libre ata completar a capacidade do espazo. Esta actividade está incluída dentro da programación do Outono Cultural.

Antes de maio

Antes de maio foi marzo. Nese mes, no curso 67/68 máis de mil estudantes protagonizaron un peche pacífico no edificio central da Universidade de Santiago de Compostela. A primavera do 68 tivo en Galicia un preludio, anticipándose ao famoso Maio francés.

‘Antes de maio’ é un documental interactivo no que as persoas usuarias poden poñerse na pel dunha estudante de primeiro de carreira para tomar decisións relevantes na súa implicación co movemento estudantil e a súa participación nas protestas.

A proxección interactiva permite ao público, votando “en asemblea” (a través dos seus móviles) tomar decisións pola protagonista, ás veces máis banais e outras máis trascendentais. Deste xeito vaise configurando o desenvolvemento da historia e, aínda que os feitos históricos non mudan, si que cambia como e con quen os vivimos.

A narrativa implica a ficcionalización dos feitos, pero sempre cunha rigorosa base histórica. Así, o relato móvese entre o xogo e o documental interactivo, implicando diferentes materiais dixitais e a acción da usuaria a través de múltiples plataformas.

Entre os obxectivos deste proxecto están achegar á mocidade un episodio histórico pouco coñecido, preservar e divulgar a nosa memoria histórica, crear pontes entre distintas xeracións, normalizar o uso do galego como lingua vehicular en espazos tecnolóxicos e innovadores ou estimular o pensamento crítico.

Detalles

  • Fecha: 15 de diciembre
  • Hora:
    20:00
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Casa do Saber
  • Praza Pío XII, 3
    Lugo, Lugo 27001
    + Google Map