Concerto da Orquestra Sinfónica “Cristóbal Halffter” (OSCH)

Concerto da Orquestra Sinfónica “Cristóbal Halffter” (OSCH)
De Aranjuez a Granada
- venres, 22 de maio de 2026 20:30 hs.
Lugar: Auditorio Fuxan os Ventos
Idade recomendada: Todos os publicos
Sinopse:
A Orquestra Sinfónica Cristóbal Halffter nace da Camerata Clásica de Ponferrada, un conxunto formado por músicos vinculados á rexión, que conta con dous álbums gravados e doce anos de experiencia. A Orquestra Sinfónica comezou a súa andaina en 2018. Este proxecto contou co apoio do recoñecido compositor Cristóbal Halffter, que se entusiasmou ao escoitar a idea e prestou o seu nome para avalala. Actualmente, a orquestra está dirixida polo mestre Pedro Halffter.
Para este concerto en Lugo, que conmemora o centenario de Manuel de Falla, a orquestra estará dirixida por Javier Fajardo, Javier Fajardo está recoñecido como un dos artistas emerxentes da nova xeración de directores de orquestra en España. A pesar da súa mocidade, foi convidado por diferentes entidades como a Orquestra UMIP-Ataúlfo Argenta, a Orquestra Sinfónica de Castela e León, a Real Filharmonía de Galicia, o Coro da Comunidade de Madrid ou o do Palau de la Música Catalana, entre outros. Foi director artístico da Xove Orquestra e Coro da Universidade de Valladolid dende o ano 2017 ata o 2024 e, dende o 2022 ata o presente, é o director musical do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Orquestra Sinfónica “Cristóbal Halffter” (OSCH)
- Javier Fajardo, director
- Sara Guerrero, guitarra / Cristina Lázaro, cantaora
De Aranjuez a Granada
Rodrigo: Concerto de Aranjuez / Falla: El Amor Brujo
ENTRADAS: 5 E
- Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Dentro da Programación do Festival de Música Cidade de Lugo – 53 Semana de Música do Corpus


























