Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Concerto de Laura LaMontagne

19 de noviembre - 20:30

Laura LaMontagne actuará no ciclo Lubicán, incluído dentro da programación do Outono Cultural, o xoves 19 de novembro ás 20.30 horas na praza de Santa María (en caso de condicións meteorolóxicas adversas, Auditorio da Facultade de Veterinaria. A entrada é libre e aberta.

Previamente, ás 12.30 h, haberá un encontro coa artista na Casa do Saber do campus de Lugo, que require previa inscrición en cultura.lugo@usc.gal.

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural que desenvolven a Universidade de Santiago de Compostela, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Laura LaMontagne

Laura LaMontagne é unha cantante lucense, compositora e escritora que entrelaza poesía e música nunha voz singular que tende unha ponte entre a tradición e a modernidade. Laura creceu entre escenarios de slam poetry e influencias folk atopando na palabra recitada un espazo persoal de expresión artística.

Cunha voz delicada á vez que poderosa, LaMontagne crea paisaxes sonoras onde a intimidade se volve colectiva, o ancestral se reinventa e a poesía se transforma en canción.

Detalles

  • Fecha: 19 de noviembre
  • Hora:
    20:30
  • Categoría de Evento: