Encontro «Mulleres que emprenden, mulleres que inspiran»

Encontro «Mulleres que emprenden, mulleres que inspiran»
O encontro reunirá este venres 20 de novembro, ás 19:00 horas, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a catro
protagonistas con traxectorias profesionais moi diferentes, pero cunha característica común: a súa aposta por impulsar proxectos propios e abrir novas oportunidades no seu ámbito.
A entrada é de balde e non é necesario realizar unha inscrición previa.
A xornada contará coa participación de Aina Mena, fundadora de Opgan Tech; Leticia Mon, impulsora de Cabanas do Chao e Casa do Chao; Lucía López, veterinaria vinculada á actividade gandeira; e Carmen Rojas, impulsora de Tapicería Hermanos Rojas.
O debate estará moderado por Paula Núñez, consultora en liderado e certificada pola Asociación Española de Coaching.