Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

«Funámbula e os ceos quebradizos» en concerto

18 de septiembre - 22:30

O 18 de setembro ás 22:30 horas, concerto para presentar o seu primeiro EP no clube Clavicémbalo.

«Despois do lóstrego» é un álbum con espírito artesanal, de temas autoproducidos que camiñan por un tenso fío de resonancias opostas.

O proxecto encapsúlase nunha peza labrada a man por Marcos Vigo & Xabi Balado. Ademais, conta coa colaboración estelar do guitarrista Iago D’Tenza na canción Gris espacial. Estará dispoñible online e en formato físico a partir do día da súa presentación.

Quen é Funámbula e os ceos quebradizos?

«Como ben evocan as nubes do EP, somos unha banda da terra Lúgobre. Nun golpe de sorte, vimos de telonear a Xoel López no último San Froilán, pero máis alá do neon, pasamos a maioría do tempo na bruma, tecendo cancións atmosféricas, de melodías celestes e efectos sinistros (o que chamamos «rock onírico»).»

Detalles

  • Fecha: 18 de septiembre
  • Hora:
    22:30
  • Categoría de Evento:

Recinto